XXXIV CROSS ESCOLAR «PÁRROCO DON CAMILO» (15 MARZO 2026)
A A.N.P.A. do C.E.I.P. Plurilingüe Párroco Don Camilo, coa colaboración do C.E.I.P. Párroco Don Camilo, Concello de Vigo, Comesaña Sporting Club e Agrupación Xóvenes Atletas, organiza o XXXIV Cross Escolar Párroco Don Camilo, que se celebrará o día 15 de marzo de 2026 a partir das 10:30 horas no propio centro escolar e transcorrerá polas rúas de San Andrés de Comesaña.
As inscrición de tóda las categorías pecharanse sen excepción ás 23:59 horas do día 5 de marzo de 2026. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a data peche será rexeitada.
Os dorsais serán entregados o domingo día da carreira no colexio, ata 30 minutos antes de cada carreira, na zona habilitada para a recollida.
Este Cross forma parte do calendario de carreiras da Liga de Croses Escolares de Vigo que organiza Xóvenes Atletas en colaboración co Concello de Vigo. Cada neno/a que participe representando ao seu colexio contará para o premio que se lle outorgará (na última carreira Vigo Corre) aos 3 colexios con máis participantes durante todas as carreiras que forman a liga.
Calquera dúbida poderá consultar mandando un mail a: cross@anpaparrocodoncamilo.org

Resultados
Regulamento
| HORA | CATEGORÍA | AÑO | DISTANCIA |
|---|---|---|---|
| 10:30 | SUB 14 - INFANTIL MASCULINO | 2013-2014 | 1600 metros |
| 10:45 | SUB 14 - INFANTIL FEMININO | 2013-2014 | 1600 metros |
| 11:00 | SUB 12 - ALEVIN MASCULINO | 2015-2016 | 1100 metros |
| 11:15 | SUB 12 - ALEVIN FEMININO | 2015-2016 | 1100 metros |
| 11:25 | PAIS | 800 metros | |
| 11:35 | NAIS | 800 metros | |
| 11:45 | SUB 10 - BENXAMIN MASCULINO | 2017-2018 | 800 metros |
| 11:55 | SUB 10 - BENXAMIN FEMININO | 2017-2018 | 800 metros |
| 12:05 | SUB 8 - PREBENXAMIN MASCULINO | 2019-2020 | 500 metros |
| 12:15 | SUB 8 - PREBENXAMIN FEMININO | 2019-2020 | 500 metros |
| 12:25 | PITUFOS MASCULINOS | 2021 | 200 metros |
| 12:35 | PITUFOS FEMININOS | 2021 | 200 metros |
| 12:40 | OLÍMPICOS MASCULINOS | 2022-2023 | 100 metros |
| 12:50 | OLÍMPICOS FEMININOS | 2022-2023 | 100 metros |
| 13:00 | ENTREGA TROFEOS | ||
| 13:30 | SORTEOS |
