I Cross Escolar «Fleming Cross» (7 de xuño 2026)
A Asociación de Nais e Pais de Alumnas/os do CEP Doutor Fleming xunto coa asociación Xóvenes Atletas e o Concello de Vigo organizará o vindeiro 7 de xuño de 2026 a 1ª edición do cross escolar “Fleming Cross”. As carreiras comezarán a partir das 10:30 horas e transcorrerán polas rúas próximas ó centro educativo.
A data límite para presentación das inscricións será o día 28 de maio ás 23:59 horas, non aceptándose ningunha inscrición fóra de prazo.
A entrega de dorsais farase o propio día da carreira, a partir das 10:00 horas, nun espazo habilitado para este fin nas instalacións do C.E.P. Dr. Fleming.
Este Cross forma parte do calendario de carreiras da Liga de Croses Escolares de Vigo que organiza Xóvenes Atletas en colaboración co Concello de Vigo. Cada neno/a que participe representando ao seu colexio contará para o premio que se lle outorgará (na última carreira Vigo Corre) aos 3 colexios con máis participantes durante todas as carreiras que forman a liga.
Para calquera dúbida, escribide a flemingcross@anpadoutorfleming.org

Inscricións
Regulamento
| HORA | CATEGORÍA | AÑO | PERCORRIDO | DISTANCIA |
|---|---|---|---|---|
| 10:30 | SUB14-INFANTIL FEMININO | 2013-2014 | 2 voltas e media ó Circuíto "A" + 1 ó Circuíto "B" | 1300 metros |
| 10:45 | SUB14-INFANTIL MASCULINO | 2013-2014 | 2 voltas e media ó Circuíto "A" + 1 ó Circuíto "B" | 1300 metros |
| 11:00 | SUB12-ALEVIN FEMININO | 2015-2016 | 1 volta e media ó Circuíto "A" + 1 ó Circuíto "B" | 900 metros |
| 11:15 | SUB12-ALEVIN MASCULINO | 2015-2016 | 1 volta e media ó Circuíto "A" + 1 ó Circuíto "B" | 900 metros |
| 11:30 | NAIS - PAIS - PROFESORADO | 1 volta e media ó Circuíto "A + 1 ó Circuíto "B" | 900 metros | |
| 11:45 | SUB10-BENXAMIN FEMININO | 2017-2018 | Media volta ó Circuíto "A + 1 ó Circuíto "B" | 550 metros |
| 12:00 | SUB10-BENXAMIN MASCULINO | 2017-2018 | Media volta ó Circuíto "A + 1 ó Circuíto "B" | 500 metros |
| 12:10 | SUB8-PREBENXAMIN FEMININO | 2019-2020 | 1 volta ó Circuíto "B" | 350 metros |
| 12:20 | SUB8-PREBENXAMIN MASCULINO | 2019-2020 | 1 volta ó Circuíto "B" | 350 metros |
| 12:30 | PÍCARAS 5 ANOS FEMININO | 2021 | Media volta ó Circuíto "B" | 250 metros |
| 12:35 | PÍCAROS 5 ANOS MASCULINO | 2021 | Media volta ó Circuíto "B" | 250 metros |
| 12:40 | PITUFAS 3/4 ANOS FEMININO | 2022-2023 | Do C.S. Nicolás Peña ó C.E.P. Dr. Fleming | 100 metros |
| 12:45 | PITUFOS 3/4 ANOS MASCULINO | 2022-2023 | Do C.S. Nicolás Peña ó C.E.P. Dr. Fleming | 100 metros |
| 13:00 | Entrega Trofeos | No patio cuberto do C.E.P. Dr. Fleming | ||
| 13:30 | Sorteos Agasallos | No patio cuberto do C.E.P. Dr. Fleming |
