A ANPA do CEIP Chans Bembrive, xunto co Concello de Vigo e a Entidade Local Menor de Bembrive organizan o III Cross Escolar Chans, que se celebrará o día 19 de Abril do 2026 a partir das 10:00 horas no propio centro escolar, así como nos arredores do mesmo.
A inscrición de tódalas categorías pecharase sen excepción ás 23:59 horas do día 09 de Abril de 2026. Toda solicitude de inscrición chegada con posterioridade a dito peche será rexeitada.
Os dorsais serán entregados pola organización na zona de saída da proba, sita no interior do recinto escolar, ata media hora antes do comezo da proba da categoría correspondente.

Este Cross forma parte do calendario de carreiras da Liga de Croses Escolares de Vigo que organiza Xóvenes Atletas en colaboración co Concello de Vigo. Cada neno/a que participe representando ao seu colexio contará para o premio que se lle outorgará (na última carreira Vigo Corre) aos 3 colexios con máis participantes durante todas as carreiras que forman a liga.

Para calquera dúbida, escribide a chans@xovenesatletasvigo.org o xovenesatletas@gmail.com

HORACATEGORÍAAÑOPERCORRIDODISTANCIA
10:20SUB14-INFANTIL FEMININO2013-20142 voltas D1500 metros
10:30SUB14-INFANTIL MASCULINO2013-20142 voltas D1500 metros
10:40SUB12-ALEVIN FEMININO2015-20161 volta E1000 metros
10:50SUB12-ALEVIN MASCULINO2015-20161 volta E1000 metros
11:10PAIS E NAIS1 volta B1000 metros
11:30SUB10-BENXAMIN FEMININO2017-20181 volta C500 metros
11:40SUB10-BENXAMIN MASCULINO2017-20181 volta C500 metros
11:50SUB8-PREBENXAMIN FEMININO2019-20201 volta B200 metros
12:00SUB8-PREBENXAMIN MASCULINO2019-20201 volta B200 metros
12:15OLIMPICOS 4 ANOS FEMININO20211 volta A100 metros
12:20OLIMPICOS 4 ANOS MASCULINO20211 volta A100 metros
12:30PITUFOS 3 ANOS FEMENINO2022-20231 volta A100 metros
12:35PITUFOS 3 ANOS MASCULINO2022-20231 volta A100 metros

Scroll al inicio